A Historia do Bihotz Gaztea

Dende 1967

A Sociedade Cultural BIHOTZ GAZTEA e unha das mais antigas de Santurtzi. Foi fundada o 18 de Novembro de 1967. Con posterioridade a esta data diferentes grupos de amigos que se reunian para por en practica as suas afeccións foronse integrando na sociedade, dando pe as seccións que viñeron conformando BIHOTZ GAZTEA.

Nos seus comezos, a Sociedade chamouse “Mocedades Parroquiais”, xa que as primeiras reunións tiveron lugar na Parroquia Virxen do Mar, situada en Mamariga e contaban coa colaboración do párroco. Nos seus comezos como Sociedade chamouse “CORAZÓN JOVEN BIHOTZ GAZTEA”,xa que non era posible un nome soamente en éuscaro debido a censura que existente en Euskal Herria.

Paralelamente, considerouse a posibilidade de tramitar a sua legalización civil a traves da canle da Lei de Asociacións. Logo de obter a autorización do párroco para usar os locais anexos a igrexa como domicilio social e a redacción do acta fundacional e dos estatutos, a SOCIEDAD CULTURAL CORAZÓN JOVEN BIHOTZ GAZTEA quedou legalizada polo Governo Civil o 16 de marzo de 1968.

Segundo foron pasando os meses, as seccións aumentaron e os locais cos que se contaba nese intre non eran dabondo para cubri-la demanda. Desta maneira empezou a procura de locais preto de onde a Sociedade dera os seus primeiros pasos, pero ao non ser posible, recorreuse a outra zoa máis céntrica ainda que preto de Mamariga. Os locais cos que conta hoxe o BIHOTZ GAZTEA foron inaugurados o dia 6 de xullo de 1969 e atópanse no numero 1,da rua Xoan XXIII de Santurtzi.

Seccións

Seccións activas:

Seccións xa desaparecidas:

  • Animación Rueira (Mingotsa)
  • Academia de Música
  • Banda de Cartón
  • Moto-Club
  • Txalaparta
  • Orfeón
  • Rondalla
  • Txistu
  • Soka-Tira
  • Ciclismo